CRTVG

Buscar

Descende a ocupación hospitalaria nunha xornada sen falecidos por covid−19

Publicado o 19/10/2021 20:24

• Os contaxios aumentan con respecto á xornada anterior

Descende a ocupación hospitalaria nunha xornada sen falecidos por covid−19

Os casos activos experimentan un lixeiro ascenso hoxe. Hai 432 persoas con coronavirus en Galicia, unha máis ca o día anterior.

Pola súa parte, tamén aumentan os contaxios. Foron detectados 23 novos casos por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 77 (-2)

A Coruña: 140 (=)

Pontevedra: 36 (+3)

Santiago: 70 (+1)

Ourense: 49 (-3)

Lugo: 45 (+1)

Ferrol: 15 (+1)

A ocupación hospitalaria, pola contra, descende. Hai nove persoas en coidados intensivos, as mesmas que na xornada anterior, e 25 en planta, dúas menos. Con todo, o Sergas non notificou falecementos a causa do coronavirus; daquela, o número de vítimas mantense en 2.648 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos