CRTVG

Buscar

Descartado o caso sospeitoso de coronavirus en España

Publicado o 28/01/2020 21:42

Descartado o caso sospeitoso de coronavirus en España

España segue libre do coronavirus. As probas realizadas a un home de 33 anos, ingresado no Hospital Clínico de Barcelona, foron negativas. Tamén as análises practicadas a una paciente sospeitosa en Torrevieja.

O ministro de Sanidade insiste en lanzar unha mensaxe de confianza. Salvador Illa di que hai un gran equipo de profesionais para garantir que estamos preparados para facerlle fronte ao virus, se chega o caso.

Alemaña confirmou tres novos casos de contaxio vencellados co do mozo de 33 anos que se infectou ao entrar en contacto cunha colega chinesa que veu de Shanghai impartir un curso na empresa en que traballan ambos, en Baviera. As autoridades buscan todas as persoas que se relacionaron con eles.

Tanto Alemaña como Francia esperan a autorización da China para evacuar os seus cidadáns. O Goberno español confirma que incluirán nun deses dispositivos os vinte españois residentes en Wuhan. A ministra voceira do Goberno asegura que será nun voo francés en que os cidadáns españois serán repatriados o mais axiña posible.

Os últimos datos facilitados pola China falan de 106 vítimas mortais e 4.000 infectados. Expertos da OMS desprazaranse a Pequín para colaborar na loita contra o virus.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020