Descartada a morte violenta do bebé ourensán, pola que se investigaba a seus pais
Publicado o 01/08/2019 11:04
A autopsia do bebé, que morreu en Ourense dous días despois de que o seu xemelgo ingresara con varias costelas rotas no hospital, descarta unha morte violenta. Os forenses non puideron determinar a causa do falecemento, pero afirman que non hai sinais de violencia.
Os pais están a ser investigados por un delito de homicidio imprudente e outro de lesións. Os proxenitores negan desatención dos pequenos e alegan que as fracturas llas provocaron ao intentar reanimalo cando viron que non respiraba. A Xunta asumiu a tutela do xemelgo tras saír do hospital. Atópase cunha familia de acollida. O xuíz deberá determinar agora se arquiva o caso ou continúa co procedemento.