CRTVG

Buscar

Descarrila un tren de mercadorías en Taboadela e obriga a cortar a vía entre Ourense e Zamora

Publicado o 26/10/2020 21:39

Un tren de mercadorías descarrilou esta tarde no concello ourensán de Taboadela sen causar danos persoais. O convoi estaba facendo manobras de cambio de vía cando 3 dos seus vagóns, que estaban baleiros, se sairon dos raís.

A circulación permanece arestora interrompida entre Ourense e Zamora. O corte afectou 163 pasaxeiros dos Alvia Pontevedra-Madrid, Madrid-Lugo e Madrid-Ferrol que tiveron que completar a viaxe en autobús.

Noticias web

26/10/2020