CRTVG

Buscar

Desarticulan unha rede que levaba droga en dobres fondos de vehículos

Publicado o 25/01/2020 14:01

A Garda Civil e a policía local de Melilla desmantelaron unha organización delituosa que transportaba droga en dobres fondos de vehículos que partían desde Melilla con destino a Valencia.

A operación Tukano permitiu a detención de cinco persoas, de nacionalidades española, albanesa e colombiana. Tamén se incautaron de 12 vehículos, de máis de media tonelada de haxix, embargaron bens inmobles por valor de millón e medio de euros e bloquearon once empresas pantalla que empregaban para non seren detectados.
 

Noticias web

25/01/2020