CRTVG

Buscar

Desarticulada unha organización que explotaba laboralmente vítimas captadas en Romanía e Moldavia

Publicado o 03/10/2019 13:03

Desarticulada unha organización delituosa que explotaba laboralmente vítimas captadas en Romanía e Moldavia. Hai 16 detidos nas provincias de Xaén, Huelva, Córdoba, Badaxoz e Albacete, entre eles 5 empresarios. Outras 5 persoas son investigadas polos delitos de tráfico de seres humanos, branqueo de capitais e pertenza a organización criminal.

Os captadores traían mediante engano as vítimas dos países do leste para explotalas laboralmente nas campañas de recollida de cultivos agrarios. Detectáronse 145 vítimas que vivían en condicións de semiescravitude e precariedade extrema.

 

Noticias web

03/10/2019