CRTVG

Buscar

Desartellan varios puntos clandestinos de sacrificio de animais na provincia de Lugo

Publicado o 18/08/2020 21:30

No caso deste matadoiro ilegal que tiña un particular, as 108 ovellas que aínda estaban vivas quedaron en custodia do propietario da leira ata que o xulgado decida o seu destino.

Neste caso os animais non estaban identificados e, polo tanto, é imposible determinar a súa rastrexabilidade.

Non é unha explotación gandeira rexistrada e, segundo a Garda Civil, trátase dun matadoiro ilegal creado por un particular con fins lucrativos.

Outra das actuacións dos gardas desenvolveuse en Nadela, onde deron, tamén, cun matadoiro ilegal de animais, pero neste caso si se trataba dunha explotación gandeira.

Cando chegaron, unha res acababa de agonizar colgada nun pendello e incautáronse de tres canais que levaban dous homes en bolsas. Tamén atoparon restos doutros nove animais sacrificados.

Na investigación colaboraron os veterinarios de Medio Rural da Xunta de Galicia en Lugo.

Noticias web

18/08/2020