CRTVG

Buscar

Desartellan un grupo criminal dedicado ao avituallamento de narcos

Publicado o 22/05/2019 08:48

Golpe da Policía Nacional contra os satélites do narcotráfico. Acaban de desartellar unha banda criminal que abastecía as narcolanchas.

A operación, desenvolvida na localidade gaditana de La Línea de la Concepción, iniciouse a finais do ano pasado, ao embarrancar unha lancha con 1.600 quilos de haxix. As investigacións levaron á detención, polo momento, de quince persoas que se encargaban de subministrar víveres e combustible aos narcotraficantes asentados en augas internacionais.

"Establécese unha organización criminal que apoia as que trafican con haxix. Avituállanas con roupa, comida, combustible, e se os pilotos das narcolanchas precisan unha remuda, tamén os trasladan", explica un dos responsables da operación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019