CRTVG

Buscar

Desartellan un 'narcopiso' en Ourense

Publicado o 03/02/2020 14:01

A Policía Nacional levaba meses vixiando esta rúa de San Francisco, na zona vella de Ourense. Tiveran coñecemento de que nunha vivenda desta rúa era habitual o consumo e venda de substancias estupefacientes, principalmente heroína.

Nunha primeira fase da operación os axentes detiveron catro persoas cando saían da vivenda vixilada. Levaban consigo 43 envases de medicamentos, unha balanza de precisión e varios envoltorios con heroína e cocaína. Entre todos eles suman 34 detencións anteriores. Case as mesmas que a parella inquilina da vivenda, que tamén foi detida.

A operación Resaca rematou coa incautación de 67 doses de heroína e cocaína, 43 pastillas de metadona, e 210 euros en efectivo. Os detidos quedaron en liberdade con cargos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/02/2020