CRTVG

Buscar

Desartellan en Lugo unha banda que roubaba en coches dentro dos garaxes

Publicado o 11/09/2019 13:17

A Policía Nacional detivo cinco mozos de entre 19 e 35 anos como presuntos integrantes da banda. O seu método consistía en agardar a que os garaxes estivesen cheos para coarse neles, romper as ventás dos vehículos e coller os obxectos de valor do interior dos coches.

Para identificar os supostos ladróns, a Policía seguiu o rastro de varias tarxetas de crédito que os mozos levaran como botín e que utilizaron para facer compras na cidade. Os feitos producíronse en garaxes de edificios da avenida da Coruña. Os cinco detidos xa contaban con antecedentes penais. 

Manuel Arias, voceiro da Policía Nacional de Lugo: "Non se puideron realizar as detencións ata que se puideron comprobar os feitos. Había moitos vehículos e persoas implicadas e foi preciso determinar a responsabilidade de cada detido en cada roubo. Un labor complicado e intenso".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019