CRTVG

Buscar

Desartellan a maior rede de produción de 'speed' detectada en España

Publicado o 09/07/2020 08:44

A Garda Civil desartella a maior rede de produción de speed detectada en España.
Vinte e cinco persoas foron detidas nesta operación na que se desmantelaron dous laboratorios en Guipúscoa e Navarra. Comisáronse 114 kilos de speed, ademais doutros 100 de marihuana e 26 de anfetamina líquida. Os integrantes da rede empregaban autocaravanas de alugueiro para distribuír a droga entre España e varios países centroeuropeos.

Noticias web

09/07/2020