CRTVG

Buscar

Desartellados tres grupos de grafiteiros que pintaban vagóns en distintas cidades, entre elas A Coruña

Publicado o 11/06/2019 18:51

Desartellados tres grupos de grafiteiros que se dedicaban a pintar vagóns de tren en distintas cidades, entre elas A Coruña. Segundo a Policía Nacional causaron estragos por un valor superior ao medio millón de euros. Atribúenlles 128 delitos de danos.

Actuaban principalmente na Coruña, León, Madrid, Miranda de Ebro e Burgos e o principal responsable do grupo estaba na Coruña. De feito, os axentes que levaron a cabo a investigación atribúenlle a el só 500 pintadas na cidade. Durante os rexistros interviñéronlle armas e unha placa de policía simulada e, de feito, o xuíz que leva o caso xa decretou o seu ingreso en prisión.

Amais do veciño da Coruña, foron detidos 3 máis en León e 1 en Madrid. Hai outros dous investigados en Burgos e Miranda de Ebro.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019