CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Desartellado un punto negro de venda de droga no Porriño

Publicado o 05/02/2018 20:59


A Policía Nacional desartellou un punto negro de venda de droga no Porriño. Detiveron dous home aos que se lles imputa un delito contra a saúde pública. Durante a operacion Crerokee foron interceptados compradores con cantidades significativas de substancias estupefacientes.


Axentes da Policía Nacional detiveron dous homes de vinte e catro e trinta e seis anos, veciños do Porriño, por un delito contra a saúde pública.
O punto negro situábaos no polígono de Torneiros que abría ao longo de todo o día.
Comezaron a vixiar a zona e comprobaron que había xente que actuaba presuntamente en clara connivencia cos encargados, que ademais de participar nas vendas, permitirían o consumo no establecemento.
Á invesigación déuselle unha gran prioridade pola alarma social que xeraba a proximidade de dous centros escolares.
A venda realizábase no establecemento e permitíase o consumo dentro como nos accesos. Á vista das transaccións con estupefacientes, e coa autorización do xulgado, procedeuse á detención dos dous homes.
No rexistro realizado na cafetería comisáronse 14 bolsas de cocaína e 2 bolsas de marihuana, así como 1.250 euros en metálico.
Os detidos pasaron a disposiicón do Xulgado de Instrucion número 3 do Porriño.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

05/02/2018