Desartellado un clan familiar de Reus que vendía todo tipo de drogas
Publicado o 12/04/2019 07:47
Un clan familiar establecido en Reus e que distribuía drogas por varias provincias españolas foi desartellado. Heroína, cocaína, haxix e marihuana eran as susbstancias coas que traficaban.
A complexa operación foi levada en tres fases pola Policía Nacional. Nesta última fase, detiveron sete persoas, e todas menos unha están en prisión provisional.