CRTVG

Buscar

Desartellada unha banda acusada de branquear cinco millóns de euros do narcotráfico

Publicado o 11/08/2018 09:34

A Garda Civil desartella unha organización dedicada ao branqueo de diñeiro derivado do tráfico de drogas. En total foron 88 as persoas detidas. Estímase que puideron branquar máis de cinco millón de euros.

Unha vez finalizada a investigación da "Operación Carrus", a Garda Civil detivo 88 persoas e investiga 19 máis en diversas provincias españolas. A suma total dos cartos branqueados polo clan "BABA", nome co que era coñecida a organización no Campo de Xibraltar, ascende a máis cinco millóns e medio de euros que foron branqueados a traves de 48 contas bancarias e a compra de vehículos de alta gama. O xefe da banda figuraba como administrador de varias sociedades, con sede na provincia de Córdoba, que se dedicaban á importación de vehículos.

A Secretaria de Estado de Seguridade, Ana Botella, presidiu esta mañá a primeira mesa de avaliación do Plan Especial de Seguridad do Campo de Xibraltar, un conxunto de medidas para mellorar a seguridade cidadá nesa zona. Asegura que o aumento de efectivos na zona e o reforzo das súas capacidades están permitindo combatir deste xeito o narcotráfico.

Nesta última operación foron aprehendidos ademais dous inmobles, 37 vehículos de alta gama, unha motocicleta e diverso material informático.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2018