Desartellada en Pontevedra unha banda itinerante de ladróns
A plena luz do día e baixo a atenta e sorprendida mirada dos veciños da zona, así é como a Garda Civil detivo dúas persoas este luns en Pontevedra. Trátase, segundo confirmou a Delegación do Goberno, de dous individuos de nacionalidade albanokosovar.
Os detidos pertencen supostamente a unha banda itinerante de ladróns, que operaba fundamentalmente no sur de Galicia. A primeira hora da mañá, os viandantes e os veciños aínda estaban impactados pola escena que presenciaron.
Nas últimas horas os axentes da Garda Civil detiveron unha terceira persoa. Trátase dunha muller tamén de nacionalidade albanokosovar, que foi interceptada no aeroporto da Lavacolla, en Santiago. Os tres detidos pasarán entre hoxe e mañá a disposición xudicial. Polo momento continúan os rexistros, pero segundo a delegación do Goberno a operación podería pecharse nas vindeiras horas.