CRTVG

Buscar

Cae a organización de narcos máis activa na introdución de cocaína en Europa

Publicado o 16/10/2020 10:25

Desartellada a organización delitiva máis activa na introdución de cocaína en Europa. Atribúeselle o intento de introducir máis de seis toneladas de cocaína procedente de América do Sur por distintos portos europeos.

Hai 8 detidos, 5 en España e 3 en Holanda. Incautáronse de 480 quilos de droga no porto de Valencia. A operación iniciouse a finais de 2019 en Pontevedra e nela participaron a UCO da Garda Civil, a policía holandesa e varias axencias estadounidenses.

O núcleo da organización estaba asentada nos Países Baixos, pero reuníanse en España para planificar os envíos.

Noticias web

16/10/2020