CRTVG

Buscar

Desartellada a maior rede de distribución de cocaína da serra de Cádiz

Publicado o 23/10/2020 09:12

A Policía Nacional desartellou a maior rede de distribución de cocaína da serra de Cádiz. Este era o momento en que os axentes entraban pola forza nunha das 18 vivendas que foron rexistradas en Cádiz e Sevilla. Nelas a policía atopou diversas cantidades de cocaína, marihuana, haxix e anabolizantes, ademais de armas e diñeiro. Hai preto de 30 persoas detidas.

Noticias web

23/10/2020