CRTVG

Buscar

Desartellan unha banda de narcos italianos e do clan dos Castañas

Publicado o 11/05/2019 14:23

Desartellada unha banda de traficantes integrada por membros da Ndrangheta, a mafia da calabria italiana, e o clan dos Castañas, o cal actúa no sur de España.

A operación saldouse coa detención, en dúas fases, de 44 persoas e coa intervención de máis de 2.700 quilos de haxix. A investigación iniciouse en Málaga hai tres anos e contou coa colaboración da Garda Civil, a Policía Nacional e os Carabinieri italianos.

A banda introducía a droga en España dende Marrocos e logo trasladábaa ata outros puntos de Europa, coma Italia. Segundo os investigadores, a organización, liderada por un mafioso italiano, estaba a preparar a fuxida dun dos seus líderes que permanece en prisión, para o que subornaran un funcionario dunha prisión de Málaga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019