CRTVG

Buscar

Seguen buscando un home de 60 anos que desapareceu o martes á tarde en Muros

Publicado o 16/01/2019 18:32

Efectivos do GES de Muros,Garda Civil e Policía Nacional rastrexan pistas e montes na zona de Uía na busca de Juan Rodriguez Camaaño o home de 60 anos veciño de Esteiro que está desaparecido dende a tarde de onte.

"A última vez que o ven foi onte ás 4 da tarde. Inicíase unha busca desde as catro da tarde e toda esta noite. Aparentemente está desorientado porque se encontraron unhas zapatillas, entón vai descalzo", segundo informaba o xefe de garda do GES de Muros.

A busca, á que se sumaron tamén os veciños da zona, completouse dende o aire cun helicóptero da Garda Civil.

"Entendemos que o home camiñou desorientado e a partir de aí descoñecemos, pero eu entendo que unha persoa nas condición que anda e coas condicións climatolóxicas que houbo pola noite non debe estar moi lonxe, máis ben debe estar refuxiado naglún punto", din dende o GES de Muros.

Juan Rodríguez Caamaño foi visto deambulando pola zona de Uía a primera hora da tarde de onte por veciños da zona que avisaron as fillos polo comportamento estraño do home.

Noticias web

16/01/2019