Desaparece un usuario dunha residencia do Pereiro de Aguiar
Publicado o 18/08/2020 19:30

A Garda Civil de Ourense informou da desaparición de José Manuel Abadín Rodríguez, de 46 anos, que falta da residencia Monterrei, do Pereiro de Aguiar, onde vivía. O rastro, informa o Instituto Armado, perdéuselle o 8 do mes en curso, cando foi visto por última vez na zona da Derrasa. O home recibe un tratamento médico e necesita a súa medicación.
DESAPARECIDO#sosdesaparecidos #Missing #España #PereirodeAguiar
—
Más ℹ️ https://t.co/KyypQolIhf pic.twitter.com/T7ik5Dz1Ji