CRTVG

Buscar

Atopan restos humanos do accidente de aviación en Indonesia

Publicado o 10/01/2021 09:12

Os equipos de rescate de Indonesia atoparon esta madrugada restos humanos do avión sinistrado o sábado fronte á costa da illa de Xava, segundo informou a policía do país. Nel viaxaban 56 viaxeiros e 6 tripulantes.

O aparello esnafrárase no Mar de Xava pouco despois de engalar do aeroporto de Xakarta con destino a Pontianak, capital de Borneo Occidental. Os controladores perderon o contacto co avión, un Boeing 737-524 trece minutos despois da engalaxe do aeroporto internacional Sukarmo-Hatta na capital indonesia, ás 06:40 G.M.T. 

Xa se enviaran equipos de rescate á zona. A Mariña, que enviara dez barcos para o rastrexo da zona localizara o lugar exacto da colisión nas proximidades da illa de Laki, parte das denominadas Mil Illas, a uns 6 quilómetros ao norte da costa de Xakarta.

Uns pescadores afirman que presenciaron unha explosión e encontraron flotando no mar os posibles restos do accidente aéreo. As autoridades confirman que todos os pasaxeiros eran de nacionalidade indonesia.