CRTVG

Buscar

Segue a busca do rapaz autista de dezaoito anos que desapareceu en Baiona

Publicado o 13/04/2019 19:33

Desde onte falta da súa casa en Baiona Ángel Gabriel. A súa familia pide a colaboración de calquera persoa que o vira nas últimas horas. O rapaz, de 18 anos, ten autismo, pero comunícase sen dificultade cos demais. Necesita medicación.

A súa nai, deixouno na casa mentres acudía ao seu traballo e cando regresou Ángel Gabriel xa non estaba. No momento da desaparición vestía pantalón de chándal e cazadora negra, e unha mochila vermella de Ferrari. A familia levaba menos de tres semanas en Galicia, a onde se trasladaron procedentes de Portugal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/04/2019