CRTVG

Buscar

Desaloxos por festas ilegais en distintas cidades españolas

Publicado o 21/12/2020 15:31

A Policía Municipal de Madrid desaloxou a fin de semana un local polo incumprimento das medidas impostas contra a covid. Os axentes entraron ante a tranquilidade dos asistentes á festa.

E non foi a única descuberta. Localizaron ata 250 persoas en tres festas diferentes en Madrid. 

Algo que se repetiu noutros lugares coma en Barcelona. Alá, a Garda Urbana tivo que desaloxar máis dun cento de persoas nunha festa nunha discoteca nun céntrico barrio da cidade condal. 

En Castela-A Mancha, concretamente en Puertollano, Cidade Real, a policía municipal denunciou 14 persoas por incumprir o toque de queda. 

Noticias web

21/12/2020