Desaloxan unha veciña de Ferrol que levaba quince días entre lixo e excrementos
Publicado o 21/09/2021 15:00
Aliviados e contentos. Así din estar os veciños da Graña, en Ferrol, tras lograr, logo de moitas denuncias, que desaloxaran a María José da súa casa ruinosa en que vivía desde finais de agosto, tirada no portal, entre lixo e os seus propios excrementos.
Os veciños contan que este problema viña de anos atrás e que ata hai uns meses convivía aquí, nunhas condicións infrahumanas, co seu irmán, agora ingresado nunha residencia de Viveiro, e 17 cans que tamén foron trasladados en maio ao refuxio municipal de Mougá.
Todos querían que deixara de malvivir nesas condicións. Mesmo o Concello, días atrás, urxía á Fiscalía para que tomase unha solución.