Desaloxan unha festa en Ribeira e identifican 24 mozos, a maioría menores
" Empezamos a facer ruido xuntouse moita xente, puxeron a música alta e tamén empezamos a beber e a fumar. Chamou a policía e non sabiamos que facer. Eu díxenlle ao chico que abrira. Preguntaron que pasaba e díxolles que a festa se fora de nai".
Hugo relata o momento no que a Policía local Ribeira chega á festa que celebraban a porta pechada neste local de hostalería do barrio do Bandourrío. Os axentes identificaron e desaloxaron 24 persoas, 23 menores de idade. Con todo na reunión pudieron participar máis mozos.
"41 había no grupo de Whatsapp, éramos entre 35 e 42 ou así. " Díxonos un chico que o pub era de súa nai e víñemos".
No establecemento, que está sen actividade dende o verán pasado, reuníronse para a celebrar o aniversario dun dos participantes.
"Está no grupo de Whastapp que invitou a todas as persoas".
Incumpriron as normas de seguridade sanitaria pero tamén houbo destrozos.
"A parte de arriba, os baños están todos destrozados. Cando escoitaron que era a policía empezaron a romper todo, algúns querían escapar". "Puxéronos nunha ringleira, pedíronos os datos e deixáronos marchar"
Marcharon pero nos vindeiros días recibirán a proposta de sanción na casa. Ribeira está no nivel alto de restricións dende hai case un mes.