CRTVG

Buscar

Desaloxan un instituto en Ourense por risco de incendio

Publicado o 04/02/2020 12:48

Un instituto de Ourense tivo que ser evacuado de xeito preventivo esta mañá polo incendio do cadro eléctrico. Trátase do Centro de Formación Profesional Portovello, no barrio das Lagoas. Foron os profesores os que se decataron do que acontecía e os primeiros en intervir para evitar que as lapas foran a máis. O 112 chegou de seguido e ocúpase arestora de restablecer a subministración eléctrica para que poidan recuperar canto antes a actividade lectiva.

"Vimos fume no exterior, saltaban faíscas e iniciouse o protocolo de evacuación por risco de incendio. Dous profesores saíron ver o que sucedía, o ver o lume colleron un par de extintores, un de pó e outro de CO. Aplicáronlle o extintor o contador de entrada de electricidade o edificio, cortando todo o sistema", realata o director do centro, Abel Ocampo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2020