CRTVG

Buscar

Desaloxan un edificio ocupado por neonazis en Madrid

Publicado o 09/01/2020 13:19

A Policía Nacional desaloxou hoxe o Fogar Social de Madrid, ocupado desde hai un ano por un colectivo okupa neonazi. O grupo denuncia que a operación deixa 26 persoas sen fogar na rúa, algunhas delas enfermas.

O edificio pertence ao Ministerio de Traballo e estaba ocupado desde hai un ano. Segundo denuncia o colectivo, que acollía persoas sen fogar prioritariamente españolas, o desaloxo foi por sorpresa.

"Sen previo aviso, sen orde de desaloxo previo, polo tanto colleunos de xeito moi inesperado. Tiñamos vivindo aquí 26 persoas, catro delas con doenzas graves. Algúns xa foron traballar porque lles atoparamos emprego, pero iso tamén periga, porque se teñen que estar na rúa a ver como van ir traballar. É moi triste que estas persoas teñan que volver ao punto de partida", dixo Melisa Rodríguez, líder do colectivo Fogar Social.

O Fogar Social culpa da medida o Goberno do socialista Pedro Sánchez.

Noticias web

09/01/2020