CRTVG

Buscar

Desaloxan un edificio na Estrada por un incendio

Publicado o 20/02/2019 17:01

Foi contra a noite cando comezaba a arder este edificio da rúa Virxinia Pereira, na Estrada. O lume orixinábase na cociña dunha vivenda do terceiro andar, e obrigaba a desaloxar todo o edificio. Ata o lugar desprazouse a Policía Local e, posteriormente, o equipo de Emerxencias da Estrada.

No momento do acontecido, no inmoble atopábanse a propietaria, a súa filla de 14 anos, o marido, invidente, e mais o seu can guía. A gran cantidade de fume que había fixo que o animal quedase inconsciente no salón e tivese que ser rescatado polos bombeiros cando sufocaron o lume.

Os traballos prolongáronse durante dúas horas, ata que autorizaron o realoxo do resto do edificio. Arestora están esperando a que os técnicos valoren os danos e procedan ao desentullo e rehabilitación da vivenda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019