CRTVG

Buscar

Desaloxan un edificio no centro de Vigo por un incendio

Publicado o 05/02/2020 14:35

O lume xerou unha grande alarma na rúa Pintor Colmeiro en Vigo. Iniciouse na sala de contadores e afectou sobre todo a zona de garaxes. Os veciños avisaron os servizos de emerxencias pouco antes das 9 noite, e ao lugar acudiron Policía Local e os bombeiros de Teis e Balaídos.

Os bombeiros lograron sufocar o lume con rapidez, e procederon á ventilación do edificio. O incendio provocou unha grande fumareda e por precaución o inmoble tivo que ser desaloxado por completo.

O edificio quedou sen subministración eléctrica e non poderá repoñerse ata dentro da varios días, polo que algúns veciños decidiron durmir fóra das súas casas.

A Policía Local tivo que cortar un treito da rúa e os bombeiros permaneceron no lugar máis de tres horas. Esta mañá algúns veciños xa volvían aos seus domicilios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2020