CRTVG

Buscar

Desaloxan un edificio en Vigo en que botaran gas pementa

Publicado o 09/01/2020 14:25

Algúns veciños deste inmoble do barrio vigués de Coia falaban na escaleira cando alguén lles botou un spray que enseguida lles provocou picor na gorxa e moita dificultade para respirar.

O que lles provocou estes síntomas resultou ser gas pementa que tamén se estendeu ao interior dalgunhas vivendas. Ao lugar desprazáronse os bombeiros que, por precaución, desaloxaron o inmoble para proceder á ventilación das escaleiras e dos pisos afectados. Algúns veciños tiveron que ser atendidos polos servizos médicos, aínda que ningún precisou ser trasladado.

Afortunadamente, todo quedou nun susto. Os veciños pensan que a autoría deste incidente está relacionado cun problema de convivencia con algúns inquilinos do inmoble que xa protagonizaron outros altercados. A Policía Local tomoulles declaración e investiga os feitos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2020