CRTVG

Buscar

Desaloxan un edificio en Moaña polo incendio dun coche no garaxe subterráneo

Publicado o 09/10/2021 11:33

Unha vintena de veciños tiveron que ser desaloxados das súas vivendas esta madrugada nun edificio na vila pontevedresa de Moaña.

O incendio dun vehículo no terceiro andar do aparcadoiro subterráneo provocou que a estancia se enchera de fume, que foi ascendendo ata chegar ás vivendas.

Sobre as cinco desta madrugada un veciño que ía traballar daba a voz de alarma. A Policía Local conseguía desaloxar rapidamente todas as vivendas, mentres os bombeiros localizaban andar por andar a orixe do lume.

Tras apagarse o incendio, que carbonizou completamente un vehículo, os veciños puideron regresar aos seus fogares aínda que, polo momento, non poden acceder ao garaxe. Non se produciron danos persoais.

Noticias web

09/10/2021