CRTVG

Buscar

Desaloxan os comercios do centro de Gondomar por mor dun escape de gas

Publicado o 10/01/2019 20:50

Un escape de gas obrigou a desaloxar esta tarde os comercios do centro de Gondomar. Unha retroescavadora que está traballando na remodelación da praza do Concello furou unha condución de gas natural.

O escape produciuse arredor das cinco da tarde, cando os comercios estaban abrindo. Os bombeiros do Porriño acudiron ao lugar e, como medida de precaución, a Policía Local e a Garda Civil decidiron desaloxar os locais do centro, en total unhas 30 persoas. Malia o forte cheiro a gas, non houbo que lamentar danos persoais. A situación quedou rapidamente controlada.

Mentres tanto, as obras de remodelación da praza do Concello estiveron paralizadas, á espera de que técnicos de gas reparasen a avaría.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019