CRTVG

Buscar

Desaloxan o Instituto de Rianxo a causa dun inendio no faiado

Publicado o 21/06/2019 15:07
Desaloxan o Instituto de Rianxo a causa dun inendio no faiado

Un incendio no faiado do Instituto de Ensianza Secundaria de Rianxo obrigou a desaloxar os alumnos e o persoal do centro no último día lectivo do curso. 

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 12:30 horas do mediodía de hoxe tras recibir a chamada dunha persoa particular. No seu relato, solicitaba axuda para extinguir un incendio no faiado do inmoble. Ademais, informaba aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias que, a pesar que dichas instalacións non estaban ocupadas por aulas, os alumnos estaban sendo evacuados do edificio.

Decontado, desde o 112 Galicia, pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil, á Policía Local e á Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os Bombeiros de Ribeira por se fose necesaria a súa intervención.

O lume nestes momentos está controlado, pero os estudantes aínda non puideron regresar ás clases e permancen no patio do Instituto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí