CRTVG

Buscar

Desaloxan na Rioxa un local de alterne por cuarta vez en seis días

Publicado o 23/10/2020 08:58

A Garda Civil desaloxa un club de alterne por cuarta vez nunha semana por incumprir as restricións impostas fronte á pandemia.

Está situado na localidade rioxana de Rincón de Soto e o seu dono enfróntase a unha sanción de entre 6.000 e 24.000 euros por cada infracción.

Segundo as denuncias da Garda Civil, o propietario, de 51 anos e natural da República Dominicana, díxolles de maneira desafiante e ameazante que ninguén lle impediría seguir abrindo o negocio.

Noticias web

23/10/2020