CRTVG

Buscar

Desaloxan dúas veces un edificio en Tui por un incendio

Publicado o 05/03/2020 13:37

Os bombeiros do Baixo Miño acudiron ata en dúas ocasións a unha vivenda na rúa Lugo, en Tui, por un incendio. A propietaria da vivenda foi a que deu a voz de alarma tras decatarse de que un robot de cociña estaba ardendo. Nun primeiro momento colaborou un veciño na extinción. Dada a cantidade de fume acumulado, tiveron que desaloxar todos os veciños.

Pasadas as doce da noite foi un veciño o que se decatou de que había moito fume. O lume reavivárase outra vez e ata o lugar volveron os bombeiros do Baixo Miño e a Policía Local. O lume calcinou gran parte da cociña. Os veciños tiveron que ser desaloxados e procedeuse á ventilación do bloque de vivendas. Por sorte, non se produciron danos persoais.

 

 

 

Noticias web

05/03/2020