CRTVG

Buscar

Desaloxan centos de mozos nunha festa ilegal nun bosque en Bruxelas

Publicado o 01/05/2021 23:41

A policía desaloxou centos de mozos concentrados nun bosque urbano de Bruxelas para celebrar a "Boum 2", a segunda festa reivindicativa polo dereito á festa nun mes.

Os axentes actuaron contra os que participaban na celebración con aire reivindicativo tras meses de restricións pola pandemia, sen respectar as medidas sanitarias. Concentráronse entre un milleiro e 2.000 mozos no lugar. A policía despregou uns 500 axentes no Bosque de Cambre con antidisturbios e policías a cabalo.

Actuaron para evacuar a zona e evitar a festa ilegal.