Desaloxados tres locais ocupados ilegalmente na antiga lonxa de Ribeira
Publicado o 06/05/2021 14:38
A Policía Autonómica custodiaba esta mañá os locais da antiga lonxa de Ribeira destinados a armadores e exportadores ocupados ilegalmente ata unhas horas antes.
Tras un ano de ocupación, o desaloxo pacífico foi o resultado de varios días de conversas cos ocupantes ilegais, que decidiron abandonar os locais voluntariamente.
Unha vez que estean reparados e limpos os departamentos, volverán ser postos a disposición de armadores e exportadores, mentres que a zona de lonxa destinarase como nave de redes.