CRTVG

Buscar

Desaloxados dous centros escolares en Rianxo

Publicado o 26/03/2019 16:48

O instituto Félix Muriel e a escola unitaria do lugar de Rañó, no concello coruñés de Rianxo, foron desaloxados este martes por precaución ante o incendio que avanza sen control. A Consellería de Educación apunta que a decisión de desaloxar o instituto tomouse por recomendación de Protección Civil debido ao fume existente. Así mesmo, tamén se evacuou a escola de Rañó, enmarcada nos colexios rurais agrupados da Xunta existentes en Rianxo. Todos os alumnos marcharon ás súas casas sen incidencias, segundo indica este departamento. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2019