CRTVG

Buscar

Desaloxado un inmoble no centro de Salvaterra por mor dun pequeno incendio

Publicado o 20/04/2019 16:39

Todos os veciños dun inmoble céntrico de Salvaterra foron desaloxados esta madrugada por mor dun incendio nun colchón. Os habitantes da casa tiveron que ser atendidos en urxencias hospitalarias.

O lume comezou nun enchufe do cuarto dun dos fillos da parella, que non puido facer nada por atallalo, e estendeuse ao colchón, que quedou totalmente desfeito. Os bombeiros do Porriño tiveron que desaloxar o inmoble durante máis dunha hora por precaución, malia as molestias que isto produciu, sobre todo nos residentes de maior idade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/04/2019