Desaloxado un edificio en Madrid tras incendiarse o ximnasio situado no baixo
Publicado o 26/04/2021 08:38

Desaloxado un edificio no distrito de Chamartín, en Madrid, tras incendiarse o ximnasio situado no baixo. Os servizos de emerxencia sospeitan que o lume se iniciou cunha chispa dunha serra radial que se estaba empregando na reforma do ximnasio. Cinco persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume e unha foi trasladada ao hospital. Desaloxouse o edificio porque o incendio provocou moito fume, que se coou polo oco das escaleiras e os condutos de aire.