CRTVG

Buscar

Desaloxado un edificio da céntrica rúa Real da Coruña por un incendio

Publicado o 24/05/2021 15:30

Aparatoso incendio na céntrica rúa Real da Coruña. Orixinouse nun baixo que está en obras, en que había diverso material de construción, madeiras e taboleiros. Por iso as lapas se espallaron con rapidez e o oco da escaleira se encheu rapidamente de fume. Os veciños do cuarto e quinto andar, os únicos que están habitados, baixaron á rúa en canto foron alertados polos peóns que camiñaban por aquí. Malia a aparatosidade do incendio, só hai que lamentar danos materiais.

Os bomebiros achegáronse á zona dúas veces, ás dúas e seis da mañá para comprobar que o lume estaba totalmente extinguido. Hoxe volveron revisar o baixo afectado. Malia a aparatosidade de incendio, non hai que lamentar danos persoais.

 

Noticias web

24/05/2021