CRTVG

Buscar

Desaloxado un colexio do Barco de Valdeorras, que finaliza sen feridos

Publicado o 24/10/2019 20:26
Desaloxado un colexio do Barco de Valdeorras, que finaliza sen feridos

Un incendio orixinado nun aula do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras obrigou ao equipo docente a desaloxar ás persoas que aínda permanecían no centro despois das clases. 

Deste xeito, non quedou ninguén ferido e os danos limitáronse ao espazo en que comezou o lume, posiblemente a causa dun fallo nun ordenador.

Foi a intensa fumareda provocada polo incendio o que alertou ao persoal docente, que rapidamente chamou ao 112 Galicia e evacuou aos pais e nais reunidos nese momento. Decontado, os xestores do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros de Valdeorras, así como aos membros do GES e voluntarios de Protección Civil para extinguir as lapas que causaban danos nun aula de cativos agora baleira.

Así, preto das sete da tarde, os efectivos do parque comarcal controlaban o lume que calcinou diverso material. De momento, descoñecen as causas, pero sospeitan dun fallo nun ordenador. 

Noticias web

24/10/2019