CRTVG

Buscar

Desaloxado por un incendio o hotel Bahía, un dos máis importantes de Vigo

Publicado o 14/02/2019 18:32

Un problema eléctrico nun cuarto usado como almacén parece estar detrás do espectacular incendio que de madrugada obrigou a desaloxar 140 clientes do hotel Bahía de Vigo que se viron obrigados a saír á rúa en plena noite e co posto.

"O fume no corredor e xa vin un policía que me dixo que fora para abaixo e así saín". "Escoitamos golpes nas portas e nun principio pensaba e algúen que bebera ou nunha broma porque escoitabamos berrar pola policía", din os clientes do hotel.

O feito de que o lume comezara nunha zona do hotel de difícil acceso complicou o traballo dos bombeiros. Tampouco foi sinxelo o desaloxo, xa que no hotel onde se aloxaba unha excursión do Imserso había varias persoas con mobilidade reducida.

Houbo que crear dous equipos de evacuación de bombeiros e axudáronnos a Policía Local e a Nacional e tamén dous equipos de extinción para entrar por dous lugares diferentes para atacar o lume", di Domingo Vázquez, sarxento dos Bombeiros de Vigo.

3 horas tardaron os bombeiros en extinguir o lume, esta mañá os equipos de extinción e a policía volvían revisar o edificio. Por sorte, e malia o susto, non quedou ninguén ferido.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019