CRTVG

Buscar

Desaloxadas varias vivendas en Noia por un incendio nun supermercado

Publicado o 05/09/2019 14:14

Un incendio declarado esta mañá nun supermercado Eroski obrigou a desaloxar varias vivendas na avenida da Coruña de Noia. O lume prendeu nun cuarto onde había varias bombonas. A policía local de Noia confirma que non hai feridos nin perigo para os veciños. 

Nos traballos de extinción, que continúan arestora, participan bombeiros de Ribeira, efectivos do GES de Brión e de Protección Civil.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí