CRTVG

Buscar

Desaloxadas tres familias en Ponteceso tras a aparición de fendas no seu inmoble

Publicado o 07/10/2019 15:46

E de momento non puideron regresar porque se está a analizar por que se produciron, e ademais en tan pouco tempo. Ocorreu na noite do sábado no portal número 49 da rúa Eduardo Pondal de Ponteceso, nun inmoble construído hai uns corenta anos.

A orixe deses estragos pode estar nunhas obras realizadas ese mesmo día no baixo do edificio. Obras para as que, por certo, non consta que se solicitase o permiso correspondente.

Os veciños asustáronse cando escoitaron ruídos e as fisuras comezaron a cubrir os tabiques. Ante a imposibilidade de apuntalar o baixo comercial onte pola mañá, as autoridades decidiron evacuar os residentes afectados.

Noticias web

07/10/2019