CRTVG

Buscar

Desaloxadas 1.700 persoas en Sevilla polo incumprimento das medidas de seguridade

Publicado o 01/08/2021 22:40

1.700 persoas foron desaloxadas en Sevilla esta fin de semana por incumprimento das medidas de seguridade. 770 evacuadas do interior de varios establecementos por non respectar as medidas contra o virus vixentes e outras cincocentas foron identificadas mentres celebraban un botellón.

A policía inspeccionou máis dunha trintena de establecementos, dous deles foron precintados. Ademais procedeuse ao cesamento inmediato da actividade en seis locais.

Noticias web

01/08/2021