Desaloxada a praia da Barrosa, que se ateigou de xente por un concerto no Náutico
Desde o Náutico de San Vicente levaban días alertando da dificultade de que se respectasen as novas medidas de seguridade covid nos seus concertos, mesmo chegaron a pedir maior control das forzas da orde.
Malia a filosofía de non anunciar concertos, a presenza dos irmáns Ferreiro onte no senlleiro club ateigou a praia da Barrosa e foi precisa a actuación da Garda Civil que dispersou aos que estaban no areal.
O responsable da sala decidíu colocar mamparas opacas que elimimen a visión desde a praia e mesmo minimicen o son para evitar aglomeracións.
Os habituais da zona ficaban sorprendidos pola presenza da Garda Civil. O local tamén anulou o segundo concertodo grupo Mucho
Os responsables de salas nocturnas apelan á responsabilidade do público pero ás veces son se ven con forzas de chamar a atención os infractores e deciden pechar temporalmente como fixo a coruñesa sala Inn.