Desaloxa un inquilino moroso logo de case dous anos
Os problemas de mobilidade levaron a Xesús Piñeiro, de 92 anos de idade, a ter que deixar o faiado onde residiu os últimos anos e mudarse a un piso con ascensor. O faiado púxose en alugueiro e aí comezaron os problemas. O último inquilino estivo case dous anos sen pagar nin o alugueiro, nin os recibos da luz e da auga. Xesús tivo que facerse cargo dos pagamentos e, malia que tentou en numerosas ocasións razonar co arrendatario, non foi posible. A débeda foi de 4.000 euros que xa non se van recuperar porque o inquilino declarouse insolvente no proceso xudicial que rematou no seu desaloxo.
"Non os imos recuperar nunca. A menos que lle caia unha herdanza ou que traballe, non cobramos. E ao cárcere non o van levar".
A parte positiva é que o piso quedou en bo estado. Agora os fillos de Xesús non queren que o volva alugar e el non ten ganas nin de entrar no inmoble. O ancián lamenta que se tivese que chegar a xuízo.
"Xa levaba tempo atrás del. Vin un último día e xa vin que non había outra que ir a xuízo. Non me interesaban os cartos senón sacalo de aquí".
Malia os malos momentos que pasou, Xesús di entre risas que recuperar o piso vaille dar folgos para chegar aos cen anos.