CRTVG

Buscar

Desaconsellan o consumo das botellas de aceite que apareceron en Camariñas

Publicado o 21/03/2019 22:11

Os veciños de Camariñas e Camelle levan catro días recollendo no mar botellas de aceite de xirasol. Probablemente as perdeu algún barco e non desbotan que sigan chegando. Xa houbo quen se atreveu a probalo para fritir ovos, pero as autoridades recomendan non consumilo.

En Arou están afeitos a que o mar lles dea de todo. O normal é o peixe, pero desde o sábado en Laxe e o domingo aquí e en Camelle empezaron a chegar a terra botellas de aceite de xirasol sen etiqueta pero coa marca de que a tiveran. Marisol foi das primeiras que viu chegar as botellas. Estaba collendo percebe.

Colleu en total corenta e dúas e tenas gardadas na casa. Aínda que se desaconsella o consumo e ningún veciño o quixo probar, a ela o perigo non a botou para atrás e atreveuse. Teñen ata a data de caducidade.

Hai veciños que cargaron con 12 ou 15 e outro levaron para a casa dúas de mostra. Canda o aceite, hai unha chea de caixas con lentes de contacto que probablemente se perderon do mesmo barco. Aquí, en Arou e Camelle, están afeitos a ver de todo.

O sábado e o domingo vaise facer unha limpeza das praias, pero os veciños non desbotan que sigan chegando máis.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/03/2019